A Asociación de Veciños de Tuiriz organiza unha ruta polo río Barrantes
RibeiraSacraXa
Terá lugar este domingo, 13 de de outubro, a partir das 10.00 horas con saída desde o local de Tuiriz
12 Out 2024
A Asociación sociocultural de veciños de Tuiriz con U organiza para este domingo, 13 de outubro, unha ruta polo río Barrantes e parte do monte O Ferroedo.
Así, a saída será ás 10.00 horas do local social de Tuiriz para facer un percorrido de 8 km pola parroquia, coa intención de coñecer o monte e o río Barrantes, onde verán o muíño de Barrantes.
Ao remate, haberá paellada para os socios, e os non socios que vaian participar da iniciativa, deberán pagar un custo de 5 euros.
Para inscribirse, haberá que facelo a través dos seguintes números de teléfono: 647 568 260, 615 301 505, 600 704 665 e 667 538 857.