A Asociación de Veciños de Torbeo organiza o primeiro Día das Bruxas en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
A xornada estará dedicada a Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo, e terá lugar este sábado
tempo-de-bruxas-ribs-de-sil
15 Oct 2025

O próximo sábado 18 de outubro, Torbeo acollerá o I Día das Bruxas, un evento dedicado a Filomena Arias, coñecida como a Bruxa de Torbeo. A iniciativa, organizada pola Asociación de Veciños de Torbeo (AVETO) e o Concello de Ribas de Sil, ofrecerá unha xornada completa con actividades pensadas para coñecer a historia local, gozar da natureza e vivir a tradición da zona.

A programación incluirá un paseo ata o miradoiro do meandro de A Cubela, visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Río Sil e conferencias sobre a figura de Filomena Arias, coa participación de veciños e especialistas locais. Os asistentes tamén poderán percorrer os lugares relacionados coa súa vida e participar nunha comida popular que require reserva previa.

Xa pola tarde, presentarase o libro 'Amanda', entregaranse os premios do I Concurso Literario Filomena Arias e pecharase a xornada cun magosto e queimada, acompañados de música tradicional e da actuación do grupo Peitoescuro.

O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo, Tradigalu e Montañas do Courel Xeoparque, consolidándose como unha proposta cultural e festiva que invita a descubrir e disfrutar de Torbeo no outono.

tempo-de-bruxasa-torbeo-cartel
⚙ Configurar cookies
0.066373825073242