A Asociación de Veciños de Bolmente organizan as festas da parroquia de Sober

RibeiraSacraXa
A Asociación de Veciños de Bolmente organizan as festas da parroquia de Sober esta fin de semana, desde o venres ao domingo
festas Bolmente portada
15 Xuño 2023

A parroquia de Bolmente, en Sober, celebra as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana, desde o venres 16 ata o domingo 18, organizadas pola Asociación de Veciños.

Así, o venres 16, comezará a festa a partir das 21.25 horas cunha pancetada amenizada pola verbena a cargo do Dúo Estrellas.

Xa o 17, terá lugar ás 13.00 horas a misa solemne con procesión cantada polo Grupo Trícole. A continuación, a sesión vermú contará coa actuación do Dúo Charada e, xa pola noite, serán o Dúo Charada e o Trío D’Nika os que amenizarán a festa nocturna a partir das 21.00 horas.

Por último, o domingo, día1 8 de xuño, terá lugar a misa solemne e a procesión, coa que se porá o broche final a estas festas.

Festas Bolmente Sober
0.14926099777222