A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebra o décimo aniversario da súa oficialidade como roteiro xacobeo

RibeiraSacraXa
A asociación presentou en Fitur un vídeo corporativo no que se avanzan os obxectivos para os vindeiros anos, centrados fundamentalmente na mellora da experiencia dos peregrinos
camiño-do-inverno-fitur
22 Jan 2026

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebrou este mércores na Feira Internacional de Turismo (Fitur 2026) o décimo aniversario da súa oficialidade como roteiro xacobeo e presentou un novo vídeo corporativo xunto coas súas liñas de actuación.

A presentación tivo lugar no stand da Xunta de Galicia, no pavillón 9 de IFEMA, onde se deron a coñecer medidas centradas principalmente na mellora dos servizos ao peregrino, na dixitalización e comunicación, nas alianzas cunha maior implicación do sector privado e no reforzo da promoción profesional.

Creada no ano 2018, a asociación está conformada polos concellos da Proba do Brollón, A Rúa, Boqueixón, Carucedo, Chantada, Lalín, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, O Saviñao, Pantón, Ponferrada, Priaranza do Bierzo, Puente de Domingo Flórez, Quiroga, Ribas de Sil, Rodeiro, Silleda, Vedra e Vilamartín de Valdeorras.
Dende a asociación márcanse como obxectivo para os vindeiros anos a mellora da experiencia das persoas peregrinas e o reforzo da identidade dun dos roteiros máis singulares do Camiño de Santiago.

⚙ Configurar cookies
0.076329946517944