A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza unha tarde de teatro no Cuartel Vello

RibeiraSacraXa
A representación correrá a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla, que levará ao escenario a obra “Vémonos no banco”
vemonos-no-barco-teatro-taboada
21 Nov 2025

A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada, co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Taboada, organiza este sábado, 22 de novembro, unha tarde de teatro no municipio.

A representación correrá a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla, que levará ao escenario a obra “Vémonos no banco”. A función será ás 18:00 horas no Salón de Actos do Cuartel Vello de Taboada.

⚙ Configurar cookies
0.069751977920532