A Asociación de Empresarios de Chantada reparte 5.000 euros en bonos este Nadal

RibeiraSacraXa
Comeza a nova campaña de Nadal en Chantada, que se levará a cabo ata o día 8 de xaneiro.
Nadal en Chantada 2
13 Dec 2023

Comeza a nova campaña de Nadal en Chantada, que se levará a cabo ata o día 8 de xaneiro. A través da proposta, organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada coa colaboración do Concello, sortearanse un total de 5.000 euros en premios.

A través da iniciativa coa que todos os que merquen na vila entran en sorteos de bonos descontos para gastar nos negocios de Chantada, preténdese impulsar o comercio local.

Trátase dun proxecto cofinanciado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, que conta coa colaboración da CCA Ribeira Sacra de Chantada.

0.19467401504517