A Asociación de Empresarios de Chantada organiza o venres o Día do neno

RibeiraSacraXa
Comezan as actividades de verán para os nenos e nenas de Chantada co Xuño Lúdico e, despois, cos campamentos de verán
dia nenos chantada
14 sep 2023

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra organizan para este venres 15 de setembro o Día do neno.

Esta xornada lúdica para os máis peques da casa será no parque de Eloísa Rivadulla de 17.00 a 20.00 horas. Contarán con inchables, lambetadas, música e festa da escuma.

Para acceder ao recinto deberase ser posuidor do pasaporte de compras, é dicir, realizar 5 compras de comercio ou hostalería pertencentes á asociación.

Así, o día da festa tan só haberá que ensinar o pasaportee terase acceso ilimitado.

dia neno chantada
0.13604092597961