A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza unha nova edición de 'Os Camiños dos Sabores'

RibeiraSacraXa
Esta iniciativa incluirá cinco rutas gratuítas guiadas por profesionais que viven e traballan no Courel
Imaxe do Courel
25 sep 2024

Este outono, grazas ao apoio económico de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza unha nova edición de 'Os Camiños dos Sabores' baseada na artesanía alimentaria da zona.

Así, esta incluirá cinco rutas gratuítas guiadas por profesionais que viven e traballan no Courel, nas que se mostrará a unión entre a paisaxe e a produción artesana, rematando cada ruta facendo unha pequena cata cos produtores do territorio.

Desta maneira, o 6 de outubro terá lugar a primeira polos camiños de Folgoso do Courel, na que se analizarán os froitos; a seguinte será o 13 de outubro por Seceda, co mel e a arquitectura como protagonistas; o 20 de outubro será por Mostaz, coa castaña como protagonista.

Xa en novembro as rutas seguirán por Louzarela o día 10, para descubrir o sabor dos prados e, finalmente, o 17 de novembro volverá a mel como protagonista pola ruta por Mercurín.

As prazas son limitadas e para inscribirse ou solicitar máis información haberá que facelo a través do correo marenoso@gmail.com.

0.17730212211609