A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel esíxelle á Xunta unha resposta

RibeiraSacraXa
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel esíxelle á Xunta unha resposta con respecto ao plan de recuperación do Courel
5 Maio 2023

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel denuncia que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda se nega a dar resposta á súa solicitude de entrar na Comisión interdisciplinaria para o deseño dun plan de recuperación integral do Courel.

Desde a asociación tildan de “falta de respecto” e unha “actitude hostil e entorpecedora”, xa que a propia Valedora do Pobo requeriulle á Xunta de Galicia que contestase á solicitude do colectivo, pero fixeron “caso omiso”.

Explican que, despois dunha visita da conselleira Ángeles Vázquez ao Courel e a vontade da Xunta de promover a comisión á que fan referencia desde o colectivo, o 9 de agosto solicitaron a incorporación a esta mediante correo electrónico, sen resposta ata hoxe. Porén, o 20 de outubro presentaron unha queixa ante a Valedora do Pobo, o que fixo que esta, tamén llo requirise á Xunta.

Por isto, defenden que consideran que a asociación “ten que estar nese plan pero, sobre todo, demandamos que a Xunta nos conteste, xa sexa unha resposta negativa ou positiva, calquera outra realidade ao silencio que estamos vivindo, que é un reflexo de que unicamente se usa o nome do Courel para encher portadas de xornais, esquecendo falar e colaborar cos habitantes do territorio”.

0.094307899475098