A Asociación Cultural Teatreiras leva a Monforte a súa función “Retrincos e Cousas de Castelao”

RibeiraSacraXa
A representación terá lugar este sábado na Casa da Cultura Lois Pereiro
teatreiras-retrincos-monforte
10 Oct 2025

A Casa da Cultura Lois Pereiro recibirá este sábado 11 de outubro, ás 20:00 horas, a representación da obra “Retrincos e Cousas de Castelao”, protagonizada pola Asociación Cultural Teatreiras de Monforte. Esta peza forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Concello de Monforte.

A obra, montada e coordinada por Francisca Abeledo, rende homenaxe ao escritor galego Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.

Ademais, a compañía celebra 25 anos de actividade. Segundo explica Abeledo, “esta homenaxe a tan interesante personalidade da nosa cultura. E fixémolo dende a adaptación dunha peza teatral arredor dos seus contos e das súas famosas ilustracións”.

O espectáculo estrutúrase nunha sucesión de escenas que retratan a cotiandade da época reflectida por Castelao, unha Galicia marcada por tempos convulsos, onde a emigración supuña oportunidades pero tamén xeraba unha profunda dor nas familias que quedaban separadas.

O elenco está formado por Pilar Cambón, Clarisa Mira, Rita Aira, Noelia Pastor, Iago Fernández, Gloria Guerrero, Enzo González, Yolanda Gómez, Alicia Vega, Carolina López, Natalia Pereiro e Estefanía Macineanu. A dirección e coordinación correu a cargo de Paqui Abeledo, mentres que as caracterizacións foron responsabilidade de Yola, Estética e Peluquería, coa colaboración de Iván, Nery, Bea, Carmela, Julio e Ángel.

⚙ Configurar cookies
0.076184988021851