A asociación cultural San Bartolomé de Hospital de Quiroga celebrou a XVI edición da Festa do Peregrino

RibeiraSacraXa
O evento comezou cun percorrido pola ruta da Encomenda, entre o Castelo dos Novais e o núcleo de Hospital
Festa-do-Peregrino-Quiroga
10 Xuño 2024

O sábado celebrábase a XVI edición da Festa do Peregrino organizada pola Asociación cultural San Bartolomé de Hospital de Quiroga.

O evento comezaba cun percorrido pola ruta da Encomenda, entre o Castelo dos Novais e o núcleo de Hospital. Para realizar esta ruta os participantes reuníanse no campo da festa da Ribeira ás seis e cuarto da tarde, para saír dende o Castelo dos Novais ás sete e cuarto.

Tras facer o recorrido que levaba aos participantes por Caspedro, San Xulián de Arriba e a Carballeira, rematábase ás oito do serán na igrexa de Hospital, onde se oficiaba a misa do Peregrino.

A xornada remate cunha cea no Mesón Ferreiriño, a partir das nove e media da noite, para a que foi preciso inscribirse previamente.

0.15972113609314