A Asociación Cultural Os D'eiquí de Taboada pon fin á súa actividade despois de catorce anos

RibeiraSacraXa
A Asociación Cultural Os D'eiquí de Taboada pon fin á súa actividade despois de catorce anos e integraranse na Asociación Cultural do Carballo
Os Deiquí Taboada
5 Xuño 2023

A Asociación Cultural Os D'eiquí de Taboada anunciou que poñen fin definitivo á súa actividade como asociación despois de 14 anos e apuntan á razón de que "nos últimos tempos fomos padecendo unha constante perda de alumnado que fixo cada vez máis complicado organizar as aulas e francamente acabou por desanimarnos".

Así, anuncian que, a efectos formais, integraranse na Asociación Cultural O Carballo, "que pasará a xestionar o noso patrimonio, algún do cal xa correspondía a dita asociación", explican.

Ademais, quixeron agradecer a todas as persoas que "fixeron posible este proxecto: alumnado, profesorado, membros das directivas, colaboradoras e público e veciños en xeral", e sostiveron que "seguiremos facendo todo o posible pola cultura, a música e o baile no noso concello, en Taboada".

0.1693000793457