A Asociación Cultural O Carballo organiza a XI Carreira Popular 'Entre Pazos e Carballos'
RibeiraSacraXa
A cita, que mestura deporte, natureza e cultura, formará parte do X Circuito Miño Ulla de Carreiras Populares
21 Ago 2024
A Asociación Cultural O Carballo organiza a XI Carreira Popular 'Entre Pazos e Carballos', que terá lugar o vindeiro 21 de setembro en Taboada.
A cita, que mestura deporte, natureza e cultura, formará parte do X Circuito Miño Ulla de Carreiras Populares e incluirá un agasallo ecolóxico para os participantes e unha degustación gratuíta de produtos da zona para as persoas que se acheguen.
Así, haberá tres carreiras; a absoluta de 10 km, que comezará ás 18.00 horas; a segunda, que terá lugar á mesma hora pero será de 5 km; e a terceira, a partir das 19.30 horas e que forma parte das carreiras categorías escolares dende 100 metros a 1,5 km.