A Asociación Cultural Castañazo organiza unha nova edición da Ouveada Gandeira

RibeiraSacraXa
Será este sábado, 3 de maio, no mercado gandeiro de Chantada
ouveada-gandeira
2 May 2025

A Asociación Cultural Castañazo, organizadores do Castañazo Rock, celebran este sábado, 3 de maio, unha nova edición da Ouevada Gandeira.

Kid Mount, Acouga actuarán no Mercado Gandeiro de Chantada a partir das 23.00 horas e, para rematar a festa, haberá unha sesión final con DJs.

O acceso xerál terá un prezo de 5 euros e incluirá unha consumición, mentres que os que teñan o carné de colaborador poderán acceder de forma totalmente gratuíta.

Dende a organización explican que durante a noite haberá “sorpresas moi especiais”, cun sorteo entre todos os participantes, ademáis de “moita troula”.

⚙ Configurar cookies
0.16142606735229