A Asociación Colado do Vento organiza unha ruta por Vilar de Mouros, en Doade
RibeiraSacraXa
A actividade terá lugar o vindeiro domingo, 17 de novembro
12 Nov 2024
A Asociación Colado do Vento organiza o vindeiro domingo, 17 de novembro, unha ruta por Vilar de Mouros, en Doade, no concello de Sober.
A actividade arrancará ás 9.30 horas en Sober para dirixirse ao lugar de Vilar de Mouros, de onde partirá a andaina, en torno ás 10.00 horas da mañá.
A ruta desenvolverase en horario de mañá, rematando aproximadamente ás 14.00 horas.