A Asociación Boca do Monte presenta o cartel e o programa das Festas da Madalena 2025

RibeiraSacraXa
Os Anguieiros encherase de actividades para todas as idades os días 19 e 20 de xullo
festas-madalena-anguieiros
10 Jul 2025

A Asociación Boca do Monte presenta o cartel e o programa das Festas da Madalena 2025, que se celebrarán en Os Anguieiros os días 19 e 20 de xullo. O cartel deste ano é obra de Laura Maquieira e contempla actividades para todas as idades.

O sábado 19, as actividades comezarán pola mañá cunha andaina que percorrerá Os Alvaredos, Roblido, Os Alvaredos, de 9:00 a 12:30 horas. Pola tarde, ás 19:00 horas, ofreceranse xogos infantís e interxeracionais, seguidos ás 21:00 horas por unha merenda popular coa actuación do grupo "Érbedo" (Sober). Ás 22:00 horas realizarase unha cata e concurso de madalenas.

O domingo 20, de 10:00 a 12:30 horas, terá lugar o XIII Campionato de bolos celtas. Despois, ás 12:30 horas, celebrarase a alborada co grupo "Abertal", seguida ás 13:15 horas pola procesión e misa na Madalena. A xornada rematará cun aperitivo popular amenizado novamente por "Abertal" ás 14:00 horas.

As festas están organizadas pola Asociación Sociocultural Boca do Monte, en colaboración co Concello de Quiroga e o programa Tradigalu (Vicepresidencia da Deputación de Lugo).

⚙ Configurar cookies
0.1751868724823