A asociación Boca do Monte organiza a súa VII Xornada Castañeira o 4 de novembro

RibeiraSacraXa
Os veciños de Quiroga teñen unha cita a primeira fin de semana de novembro.
Boca do Monte
23 Out 2023

Os veciños de Quiroga teñen unha cita a primeira fin de semana de novembro. A asociación sociocultural Boca do Monte organiza a súa xa tradicional Xornada Castañeira o vindeiro sábado día 4. A cita, que chega a súa sétima edición, será na aldea dos Anguieiros.

O evento, que inclúe unha programación arredor da castaña, comezará ás 9.00 horas cunha camiñada. A saída será dende O Portalerio. Pola tarde, ás 17.00, terá lugar unha vista a caniceiras e un obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín.

Buscando tamén a socialización dos veciños dos Anguieiros e da contorna, partir das 20.00 horas, dará comezo o magosto popular con asado de castañas. Ademais, haberá unha foliada da man do grupo de música tradicional de Quiroga O Recanto.

xornada castañeira boca do monte
0.14458203315735