A Asociación Albores Saúde Mental organiza o ciclo de charlas 'A túa mente importa: Escola de saúde'
A Asociación Albores Saúde Mental organiza un ciclo de charlas A túa mente importa: Escola de saúde, unha iniciativa coa que colabora a Axencia Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, que se levará adiante ao longo do ano 2024.
Estas accións de formación e divulgación xurden da observación da necesidade de tomar conciencia da importancia de como os pequenos hábitos do día a día inflúen no benestar das pesoas.
"Moi a miúdo non nos decatamos da medida en que as actividades que realizamos por rutina, nos afectan, e os malos hábitos contribúen a sobrecargarnos, estresarnos e desestabilizarnos. Así que as charlas estarán dirixidas a todas aquelas persoas que queiran mellorar o seu benestar mental, mediante cambios pequenos na súa vida cotiá", explican desde a Asociación.
As actividades e datas son as seguintes:
- Uso axeitado dos medicamentos (20/03/2024).
- Seguridade no fogar (26/04/2024).
- Diabetes e alimentación (27/05/2024, data pendente de confirmar).
- Coidar a nosa saúde é coidar a saúde mental (pendente de data).
- Taller de musicoterapia (sen data polo momento).
- Benestar psicolóxico e emocional na incorporación ao mercado laboral (sen data polo momento).
- Exercizo físico e ocio (sen data polo momento).