A artista Olga Bernardo expón a súa obra en Chantada

RibeiraSacraXa
A mostra ‘Sinergias’ poderá visitarse durante todo o mes na casa da cultura de Chantada
sinergias-olga-bernardo-chantada
Mostra 'Sinergias' en Chantada
13 May 2025

A casa da cultura de Chantada acolle ata o 31 de maio unha nova exposición. Neste caso trátase da mostra de pintura “Sinergias” da artista, Olga Bernardo, nada en Lobios, en pleno parque natural do Xurés (Ourense).

A mostra que poderá visitarse de luns a vernes en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00h a 20:00 horas e os sábados en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas), inaugurábase o pasado venres pola tarde contando coa asistencia do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

A obra de Bernardo preséntase intuitiva e inconformista, sempre á busca de novas técnicas e materias para incorporar aos seus traballos. Como diría a autora, “pintura intuitiva nun expresionismo abstracto ou informalismo español”, convidando ao espectador a adentrarse na profundidade das pezas.

Sempre conectada co mundo das artes, non foi ata 2018 cando Olga Bernardo comeza a destinar o seu tempo por completo á pintura. Agora participa activamente en exposicións individuais e colectivas entre España e Portugal.

⚙ Configurar cookies
0.16051483154297