O tráfico ferroviario entre Ourense e Monforte reabrirase en setembro
Adif avanza no plan de renovación integral da liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km), cun investimento de 550 millóns de euros, co que se reforzará a súa fiabilidade e capacidade e contempla actuacións sobre a infraestrutura, vía, sistemas de sinalización, telecomunicacións e estacións, así como a adaptación da electrificación do tramo Ourense-Monforte. A renovación integral desenvólvese nunha contorna orográfica complexa e inclúe actuacións en desmontes, terrapléns, pontes e túneles e outras estruturas.
Este ámbito de acción requiriu a suspensión da circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte para acelerar os traballos e abordar operacións de gran complexidade técnica. Así, os danos causados pola climatoloxía invernal nun muro de terraplén entre as localidades de Santo Estevo do Sil e Os Peares, fai necesario trasladar a apertura do servizo do tramo, previsto para abril, a finais de setembro para abordar a súa reparación.
O muro de cachotería, constituído por dous tramos separados mediante unha formación rochosa, atópase nunha zona de orografía onde a vía discorre pola ladeira norte do escarpado val do río Sil. A solución aplicada consiste no hormigonado da zona danada do muro para evitar desprendementos, o recheo da focha e a reconstrución do muro para recuperar o seu estado orixinal.
Así mesmo, dispoñeranse dúas filas de micropilotes, conectadas mediante laxa armada sobre a plataforma da vía; un tratamento que contribuirá á estabilidade do terreo.
Ademais, desde Adif explican que están a inspeccionra todos os muros de sostemento e contención de percorrido co fin de abordar o seu tratamento neste período de interrupción da circulación.
Para garantir a mobilidade dos viaxeiros, a empresa ferroviaria mantén o servizo de transporte alternativo por estrada.