A Anpa do Ceip A Gándara de Monforte pide que as administracións melloren o patio

RibeiraSacraXa
A Anpa do Ceip A Gándara de Monforte denuncia que o patio dos nenos e nenas que forman parte do alumnado do centro está “nun estado lamentable”.
Ceip A Gándara Monforte
Ceip A Gándara Monforte
10 Xan 2024

A Anpa do Ceip A Gándara de Monforte denuncia que o patio dos nenos e nenas que forman parte do alumnado do centro está “nun estado lamentable”.

Así, indican que presenta condicións de insalubridade e que non conta con ningún espazo protexido pola chuvia nin ningún elemento lúdico, polo tanto, piden que se habilite un espazo digno.

Os pais e nais do colexio elaboraron un proxecto para mellorar o patio e este foi presentado ás autoridades competentes, porén, non recibiron aínda ningunha resposta nin solución por parte destas.

Por outra banda, apuntan a que este colexio ten outros problemas, como o pavillón, que ten unha cuberta que non se renova desde os anos 80.

0.065880060195923