A ANPA da Pobra do Brollón organiza unha concentración en Santiago de Compostela

RibeiraSacraXa
Será para pedir que non se peche o CEIP da Pobra do Brollón e que se leve a cabo nel "unha educación de calidade"
Anpa-CEIP-A-Pobra-do-Brollón
16 Out 2024

Desde a asociación de pais e nais de alumnos do colexio da Pobra do Brollón solicitan apoio de todos os veciños do Concello na concentración que organizan este venres, 18 de outubro, fronte ao ao edificio da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela.

Desta maneira, a concentración será para pedir unha educación de calidade para o CEIP, xa que, din “a calidade da educación dos nosos nenos e a escola están o perigo”.

Explican que “o peche dun colexio é un golpe para toda a comunidade, xa que non só se perde un espazo de aprendizaxe, senón tamén un centro vital para a actividade comunitaria, fragmentando a cohesión social, perdendo un piar da identidade local e aumentando as cargas familiares, entre outros. Ademais, isto supón un impacto na demografía e economía local”.

Por iso, a Anpa porá a disposición da veciñanza da Pobra do Brollón un autobús para o desprazamento a Santiago de Compostela con saída ás 9.30 horas do día 18, xa que a concentración será ás 12.00 horas.

0.18705201148987