A Andaina de Primavera polas Ribeiras de Sabadelle pechou inscricións con 150 participantes

RibeiraSacraXa
A cita está organizada polo Club Atletismo Chantada en colaboración co Concello
andaina-primavera-chantada
10 May 2025

A Andaina de Primavera, organizada polo Club Atletismo Chantada en colaboración co Concello de Chantada, celebrarase este sábado 11 de maio e contará cun total de 150 participantes, tras pecharse o prazo de inscrición o pasado 8 de maio.

A ruta, de 11 quilómetros e dificultade media, percorrerá as espectaculares ribeiras de Sabadelle, un espazo natural de grande valor paisaxístico. A saída e a chegada estarán localizadas na Adega Sabatelius, que acollerá aos camiñantes ao comezo e ao remate da xornada.

O evento enmárcase nas iniciativas deportivas e de lecer que o Club Atletismo Chantada promove ao longo do ano, combinando a actividade física coa posta en valor do patrimonio natural da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.13729906082153