A Aldea do Cotillón, en Pantón, inaugurará o Nadal o vindeiro domingo

A Asociación Cultural Segredos de Pantón e a Asociación de Veciños de Acedre inaugurarán o vindeiro domingo, 8 de decembro, a decoración de Nadal do Cotillón, en Pantón.
As decoracións neste lugar da parroquia de Acedre están, na súa maioría, feitas a man con materiais reciclados, “tentando deste xeito amosar un ano máis que se pode facer un Nadal cheo de cor sendo respectuosos co medio ambiente”, explican os organizadores.
Os asistentes poderán gozar ademais de empanada, doces, auga e viño da Ribeira, nesta cita que arrancará ás 19.00 horas do próximo domingo.