A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives recibe un novo equipamento para emerxencias

Esta fin de semana tivo lugar na Estrada a entrega do material correspondente a Orde do 22 de xullo de 2024 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
Na entrega do material estivo presente o Concelleiro de Seguridade Cidadá e Emerxencias, Fermin Santoveña, xunto con voluntarios da Agrupación de Protección Civil da Pobra de Trives, que recibiron un kit de material loxístico de seguridade viaria que lles permitirá continuar levando a cabo o seu traballo durante os vindeiros meses.