A Agrupación de Empresas ‘Ribeira Sacra Next’ e a Xunta avalían posibles vías de colaboración

RibeiraSacraXa
O delegado territorial, Javier Arias, destacou o traballo da agrupación para “incentivar o desenvolvemento económico e demográfico deste territorio”
Javier Aias e Severino Rodríguez
Javier Aias e Severino Rodríguez
6 Mar 2025

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario da agrupación de empresas Ribeira Sacra Next, Severino Rodríguez, para avaliar vías de cooperación no marco do plan estratéxico da entidade empresarial, presentado o pasado mes de febreiro.
Arias gabou esta iniciativa “que nace do tecido produtivo local en base ás necesidades e posibilidades da Ribeira Sacra”, e sinalou que “compartirmos o obxectivo común de incentivar o desenvolvemento económico e demográfico deste territorio”.

O delegado instou a manter aberto o diálogo “para optimizar os recursos que ofrece a Xunta, tanto subvencións como programas de asesoramento e acompañamento que facilitan o emprendemento e a expansión empresarial”. Nesta liña, lembrou que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) activou axudas por valor de 172 millóns de euros para promover a innovación, a dixitalización e a internacionalización das empresas, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convocou tamén máis de 40 millóns de euros en axudas específicas para os autónomos.

⚙ Configurar cookies
0.47659683227539