A 8ª Andaina polo Corazón de Galicia desenvolverase o 21 de abril en Chantada

O presidente do Club de Atletismo Chantada, Alejandro Méndez, e a concelleira de Deportes de Chantada, Belén Vázquez, presentan a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia.
Esta iniciativa desenvolverase o vindeiro domingo, 21 de abril de 2024, con saída e chegada na Adega Castrofiz a partir das 10.00 horas e as persoas participantes percorrerán unha distancia de 12 km.
As persoas interesadas xa poden inscribirse na páxina de CCNorte e o prazo para facelo remata o xoves, 18 de abril, ás 23:59 horas, polo que animan a participar a máis persoas, xa que por agora hai arredor de dez.