A 7ª Carreira Andaina San Silvestre solidaria de Quiroga custa 2 Kg de comida non perecedoira
Quiroga rematará o ano, se as previsións non fallan, celebrando a 7ª Carreira Andaina San Silvestre solidaria.
Trátase dunha carreira ou andaina, o que prefira cada participante, que ademais da parte deportiva ten outra parte solidaria coas familias máis necesitadas do concello. O custo da inscrición que se realizará media hora antes do comezo da proba, son dous quilos de alimentos non perecedoiros.
A carreira andaina terá saída dende a praza España, ás catro e media da tarde. Para dar máis vistosidade ao evento, entregaráselle aos participantes un gorro de Papá Noel. Ademais todos aqueles participantes que vaian disfrazados optaran a unha cesta de Nadal que se outorgará á persoa que o xurado considere como mellor disfrace.
Entre todos os participantes sortearanse catro cestas de Nadal doadas polos supermercados de Quiroga (Plenus, Familia, Covirán, Escaleira e Día).