A 40 edición da Feira do Viño de Chantada xa ten data de celebración
A edición 40 da Feira do Viño de Chantada vaise celebrar, como todos os anos, o vindeiro mes de marzo.
En concreto, será o fin de semana desde o venres 10, 11 e 12 do mes de marzo, cando terá lugar a maior festa para poñer en valor o viño da Ribeir Sacra.
Orixe e celebración da Feira do Viño
A Feira do Viño de Chantada celebrouse por primera vez o 12 de marzo de 1983 co obxectivo de poñer en valor os viños da zona, en especial da uva mencía, e adaptarse aos cambios do sector vinícola do sur da provincia de Lugo.
Colleu impulso cando en 1996 se creou a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, da que Chantada forma parte.
Importancia das redes sociais nesta Feira
Nas redes sociais do Concello de chantada colgaron un vídeo para amosar imaxes doutras edicións da Feira do Viño de Chantada para promocionar este evento que todos os anos se eche de xente de todos os lugares do mundo.