70 persoas participaron da KDD Furgo Galicia que se desenvolveu no Xeoparque Montañas do Courel
A I KDD Furgo Galicia que se desenvolveu está fin de semana no Xeoparque Montañas do Courel foi todo un éxito de participación segundo informan desde a entidade do Courel.
"As condicións metereolóxicas non supuxeron un freo a que ate 70 persoas tomaron parte nesta primeira KDD Furgo Galicia, as cales tiveron oportunidade de coñecer algúns dos atractivos das Montañas do Courel e participar nas actividades programadas", explican.
Así, as persoas participantes desenvolver unha ruta fluvial polo Rio Sil e Rio Quiroga, Mirador Xeolóxico de Campodola, Castro da Torre, Aldea Paleozoica e BIC de Seceda, pero tamén visitaron o museo Xeolóxico, o Etnográfico e o da Minería Aurífera Romana.
Por outra banda, levaron a cabo talleres de cosmética con plantas do xeoparque, e probaron os sabores das rochas a través dun mercado de productores locais, e coas catas de viños e de meles.