390 deportistas participaron este domingo na VIII edición do Trail Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O evento contou coa participación do subcampión mundial de Skyrunning, Jesús Gil, quen obtivo a primeira posición no podio masculino
VIII Trail Ribeira Sacra
14 Out 2024

A VIII edición do Trail Ribeira Sacra reuniu este domingo no municipio de Nogueira de Ramuín a 390 deportistas procedentes de 14 comunidades autónomas de España, e de países como Alemaña, Arxentina, Francia, Portugal e Inglaterra

O evento contou coa participación do subcampión mundial de Skyrunning, Jesús Gil, quen obtivo a primeira posición no podio masculino, así como membros da selección española, achegando un alto nivel de competitividade.

O Trail Ribeira Sacra trata de promocionar Ourense e a Ribeira Sacra a través dunha experiencia única para os sentidos que fusiona: saúde, deporte, natureza, patrimonio e a posta en valor dos produtos da nosa terra. Durante a xornada leváronse a cabo presentacións e degustacións de produtos con música en vivo, animacións para todos os públicos e actividades para os máis cativos.

Este percorrido circular con base en Luintra de 48 km e 3.450 m. de desnivel positivo, transcorreu por lugares como o Castro de Moura, os Miradoiros da Lampa e do Pé do Home.

Clasificación do VIII Trail Ribeira Sacra

Podio masculino

  • 1ª posición: Jesús Gil (5 horas 12 minutos 53 segundos)
  • 2ª posición: Alejandro Mayor (5 horas 27 minutos 04 segundos)
  • 3ª posición: José Manuel Gil Bernardez 5 horas 35 minutos 47 segundos

Podio Feminino

  • 1ª posición: Yasmina Castro Chacón (6 horas 38 minutos 31 segundos)
  • 2ª posición: Carolina Niño Ospina (6 horas 52 minutos 33 segundos)
  • 3ª posición: Alejandra Seoane Rial (7 horas 16 minutos 58 segundos)
podio-feminino-viii-trail-ribeira-sacra
0.093760967254639