O PP de Monforte faise eco das necesidades da veciñanza de Santa Mariña de Monte

RibeiraSacraXa
Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte mantiveron un encontro con veciños de Santa Mariña de Monte: “Por desgraza teñen os mesmos problemas que no resto do rural”, sinalaron.
PP Monforte Santa Mariña
27 Abr 2024

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte mantiveron un encontro con veciños de Santa Mariña de Monte: “Por desgraza teñen os mesmos problemas que no resto do rural”, sinalaron.

A voceira popular, Katy Varela, criticou o “nulo compromiso” de José Tomé coas parroquias e os seus veciños, xa que nesta zona tamén teñen “serios problemas co abastecemento” derivados da falta dun colector.

Do mesmo xeito, tamén son recorrentes as roturas na rede de abastecemento: “Se ao equipo de goberno lle importase a zona rural terían unha programación anual para dotar dun abastecemento e saneamento en condicións ás parroquias, en lugar de telas abandonadas”, denunciou.

Os veciños de Santa Mariña de Monte tamén se queixaron da situación da estrada principal que percorre a parroquia, de titularidade provincial. “Afirman que está moi ben asfaltada, como así é, pero a realidade é que as cunetas non están limpas polo que non escorre a auga, o que dana o asfalto”, indicou.

Ademais, o local social da parroquia precisa dun arranxo urxente, xa que está en mal estado de conservación na súa parte exterior e, no interior, está cheo de humidades o que podería derivar en problemas de salubridade.

0.15435981750488