A Concentración Mototurística de Chantada percorreu as rúas da vila e a Ribeira Sacra
RibeiraSacraXa
A X Concentración Mototurística de Chantada organizada polo Motoclub RsChantada e coa colaboración do Concello de Chantada acolleu decenas de persoas que se achegaron para desfrutar da iniciativa.
15 Abr 2024
A X Concentración Mototurística de Chantada organizada polo Motoclub RsChantada e coa colaboración do Concello de Chantada acolleu decenas de persoas que se achegaron para desfrutar da iniciativa.
Así, durante o sábado a praza de Galicia e na rúa Xoán XXIII celebráronse actividades como os xogos moteiros, pases de Emilio Zamora, unha gran festa e un sorteo para todas as participantes.
Durante o domingo, pola súa parte, os participantes e amantes das motos realizaron unha ruta en moto pola Ribeira Sacra no municipio de Chantada, rematando coa entrega de trofeos.