Carlos Vidal dará un concerto de violonchelo este domingo en Sober

RibeiraSacraXa
O músico Carlos Vidal ofrece o domingo día 14 un concerto de violenchelo en Sober no marco da ‘Primavera musical’, organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración do Concello.
Carlos Vidal violonchelo
9 Abr 2024

O músico Carlos Vidal ofrece o domingo día 14 un concerto de violenchelo en Sober no marco da ‘Primavera musical’, organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración do Concello. Será ás 20.00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.

Ao longo do programa ‘O violoncelo ao longo do tempo’ explorarase a vertente máis minimalista deste instrumento: as obras escritas para ser interpretadas por un solista, sen ningún tipo de acompañamento instrumental.

A través da música de compositores de diversa época e procedencia, ofrécese ao espectador unha retrospectiva que pon en contexto a evolución deste repertorio a través dalgúns dos seus fitos históricos.

Carlos Vidal (Valencia, 2004) recibiu clases de violonchelo en Barcelona co profesor Iñaki Etxepare, e continuou os seus estudos de violonchelo entre Valencia e Madrid cos profesores Salvador Bolón, María Casado e Asier Polo. En 2020 obtén praza na Classe de Violoncelle de Jérôme Pernoo no CNSM de París. Foi galardoado no Concurso Dotzauer (Dresden, Alemaña), o Concurso Internacional Johannes Brahms (Porstchach, Austria), o Concurso Mocidades Musicais de España, o Kodaly Competition (Debrecen, Hungría), ou o premio “Príncipe de Hesse” da Kronberg Academy. Recibiu clases maxistrais de mestres como Peter Bruns, Claudio Bohórquez, Danjulo Ishizaka, Gary Hoffmann, Frank Helmerson, Julian Steckel e Xavier Gagnepain. e tamén tocou con mestres da talla de Alexander Kobrin, Marco Rizzi, Luca Ranieri ou Philipp Graffin. Carlos toca cun violonchelo anónimo de 1808 chamado “Sweet” e un arco de Charles Nicolas Bazin fabricado en 1875.

0.17758798599243