'O soño dos vagalumes' representarase este xoves en Monforte como parte do seu Ciclo de Teatro

RibeiraSacraXa
Dentro da súa programación teatral semestral, o Concello de Monforte ofrece para este xoves 11 de abril ás 20.
9 Apr 2024

Dentro da súa programación teatral semestral, o Concello de Monforte ofrece para este xoves 11 de abril ás 20.15 horas no Edificio Multiusos a posta en escena da obra para adultos 'O soño dos vagalumes', do Grupo de teatro da Universidade Laboral de Ourense.

A obra, dirixida pola alaricana Ángeles Álvarez e interpretada por máis de vinte persoas vencelladas a este centro educativo, será gratuíta para todas as persoas interesadas.

O soño dos vagalumes é unha obra inspirada no libro das “Marías de Santiago”, e relata a historia de Maruxa e Coralia Fandiño, dúas irmás que sufriron a represión franquista. Esta representación pretende ser unha aproximación á memoria histórica e a violencia sistemática contra as mulleres ó longo dos años.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será 'Falar por falar' da compañía Volta e Dalle Teatro que terá lugar o xoves 25 de abril no Edificio Multiusos ás 20.15 horas.

0.17100596427917