Elena Ferro deu unha charla sobre a súa marca Eferro de zocos tradicionais en Quiroga
RibeiraSacraXa
Elena Ferro protagonizou unha charla na Casa da Cultura de Quiroga, onde presentou o negocio familiar de creación de zocos que leva desde 1915 en pé e en galego, un exemplo de creación de marca e emprendemento familiar dende a dignificación dun oficio como o dos zoqueiros.
18 Mar 2024

Segundo o BNG de Quiroga, organizadores do evento, "un exemplo do bo facer a todos os niveis para adaptarse aos tempos e ser un referente de coherencia tirando do negocio sen renunciar nunca á nosa identidade como pobo, ao galego e ao rural".
Moitos veciños e veciñas achegáronse para coñecer as ensinanzas da emprendedora, unha iniciativa que forma parte das actividades propostas en Quiroga para conmemorar o 8M.