O GDR Ribeira Sacra - O Courel describe de "rotundo éxito" a xornada sobre o Románico no Xeoparque
Máis de 70 persoas participaron da xornada O Románico no Xeoparque organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra - O Courel esta fin de semana.
Así, a pesar do mal tempo, desde a organización sosteñen que "rotundo éxito de participación na xornada, na que demos a coñecer, aos máis de 70 asistentes, o románico da zona sur do noso territorio ate o de agora o máis descoñecido da Ribeira Sacra xunto co patrimonio xeolóxico presente no xeoparque a través das rochas románicas".
Desta maneira, as persoas asistentes participaron dunha charla de presentación e logo achegáronse ata a Igrexa de Santa María de Torbeo, a Abadía de San Clodio, a Igrexa de San Salvador do Hospital, a Igrexa da Ermida e ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana (C.I.M.A.R).