O BNG de Monforte pide ao Goberno municipal que busque un novo espazo para o Centro de Día

RibeiraSacraXa
O BNG de Monforte vén de propoñer unha serie de actuacións para mellorar o Centro de Día de Monforte, xa que explican que hai "falta de espazos exteriores onde gozar dun pouco de aire fresco e contacto coa natureza".
28 Dec 2023

O BNG de Monforte vén de propoñer unha serie de actuacións para mellorar o Centro de Día de Monforte, xa que explican que hai "falta de espazos exteriores onde gozar dun pouco de aire fresco e contacto coa natureza".

Así, din que as únicas vistas que hai son desde a galería, e o resto das xanelas dan a outros edificios, polo que isto "fai que o lugar provoque unha sensación de estar pechado".

Ademais, din que o espazo dentro do centro "é bastante pequeno, o que se agrava máis aínda coa presenza de cadeiras de rodas e andadores". Mentres, as salas tamén son un problema, "xa que, aínda que hai usuarios que non presentan deterioración cognitiva severa, o espazo limitado dificulta a realización de actividades cun grupo máis amplo".

Outros problemas do Centro de Día

Por outra parte, sosteñen que "a temperatura dentro do centro non é a adecuada no verán e inverno, e isto é algo que se podería solucionar cun espazo máis moderno".

E tamén apuntan a que o acceso ao centro "é un verdadeiro desafío para o tráfico rodado, xa que o estacionamento dispoñible dificulta o acceso, e isto fai que o servizo sexa inviable para algúns usuarios potenciais", conclúen.

Por todo isto, desde o BNG piden ao Goberno municipal que busque un novo espazo para o Centro de Día, "un que realmente cumpra coas necesidades mencionadas. A calidade de vida de quen utiliza este centro é fundamental, e un espazo máis adecuado pode marcar a diferenza".

0.089712142944336