Ítaca Teatro representará 'Cinco minutos sen respirar' en Monforte este xoves

RibeiraSacraXa
O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo Equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023, cunha peza que supón o remate deste ciclo.
27 Dec 2023

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro do ciclo de teatro deseñado polo Equipo de Goberno para o segundo semestre do ano 2023, cunha peza que supón o remate deste ciclo.

Deste xeito, o Edificio Multiusos acollerá este xoves 28 de decembro a partir das 20.00 horas unha representación teatral con entrada libre e gratuíta dirixida a público adulto.

Trátase da peza que leva por título 'Cinco minutos sen respirar', e será posta en escena pola compañía Ítaca Teatro. É unha adaptación da obra homónima do dramataurgo contemporáneo venezolano Gustavo Ott, dirixida por Carlos Neira.

A representación forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo no ano 2023.

0.1332859992981