O alcalde de Quiroga acode á asamblea da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno

RibeiraSacraXa
O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acudiu a Vilamartín á asemblea da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, da que é vicepresidente.
alcalde_quiroga_asamble_asociacion_municipios_camiño_inverno
24 Oct 2023

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acudiu a Vilamartín á asemblea da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, da que é vicepresidente. Na xuntanza aprobouse o plan de dinamización 2024-2027, enmarcado dentro dun paquete de actuacións para levar a cabo neste período.

Nestes catro anos os concellos polos que atravesa esta ruta xacobea deberían impulsar avances nas áreas de servicios aos peregrinos, na difusión deste itinerario, na xestión de entidades colaboradoras que poidan traballar cos mesmos obxectivos e no desenvolvemento turístico.

O informe presentado pretende mellorar as infraestruturas e os servizos e crear unha imaxe corporativa. Ademais, tamén se presentaron as cifras de peregrinos que pasan por esta ruta. Segundo estes datos, o récord de peregrinos do Camiño de Inverno foron os 2.352 que rexistrou no 2022

0.16278505325317