23 concellos da provincia de Ourense beneficiáronse das achegas da Xunta para mellorar as redes de saneamento

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Entre os concellos beneficiarios están Xunqueira de Espadanedo, Pereiro de Aguiar, Verea, Vilamarín ou Xinzo de Limia
rede-saneamento-xinzo
Rede de Saneamento de Xinzo
14 May 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Xinzo de Limia para, acompañado do alcalde, Amador Díaz, supervisar a nova redutora instalada para minimizar as perdas de auga, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu 38.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do ano 2024 para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais

O delegado territorial explicou que os concellos ourensás beneficiados da convocatoria do ano anterior, por un importe de máis de 660.000 euros, foron A Bola, O Bolo, Castrelo do Val, Cualedro, Entrimo, Xinzo de Limia, Xunqueira de Espadanedo, Leiro, Lobios, Maside, Monterrei, Muíños, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Riós, Sandiás, Trasmiras, A Veiga, Verea, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Aproveitando a súa visita ao municipio, Manuel Pardo lembrou que a Xunta, a través de Augas de Galicia, abriu o pasado 23 de abril o prazo de presentación de solicitudes dunha nova edición destas subvencións cun orzamento de 2,5 millóns de euros que permanecerá activo ata o próximo 23 de maio. Deste xeito ofrece aos concellos de menos de 20.000 habitantes a posibilidade de executar actuacións para minimizar as perdas de auga en sistemas de abastecemento de concellos da comunidade autónoma. Neste sentido, tamén detallou que o importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, excluído o IVE, co límite máximo de 45.000 euros por solicitude.

O representante do Goberno galego concluíu poñendo en valor o compromiso da Xunta co proceso de mellora dos sistemas de abastecemento, saneamento e depuración municipais, a través dun esforzo continuo por apoiar ás administracións locais e ás comunidades de usuarios particulares na optimización dos sistemas de xestión dos recursos hídricos.

⚙ Configurar cookies
0.15667390823364