Poderanse volverse levar refugallos ao punto limpo de Quiroga o 29
O venres día 29 de setembro será a segunda xornada na que as instalacións do punto limpo de Quiroga abrirán gratuitamente para todos aqueles usuarios que queiran levar refugallos dos que se queiran desfacer.
O horario será desde ás nove da mañá ata a unha do mediodía e no punto limpo deben ir residuos voluminosos tales como, mobles, colchóns, electrodomésticos, plásticos de envoltura e radiografías. Os demais residuos xa teñen contedores específicos instalados na rúa.
A decisión de abrir gratuitamente un día o mes –o último venres do mes- veu motivada pola demanda da veciñanza para poder depositar o lixo que se xera nos fogares e que non se poden votar noutros contedores. Outro dos motivos que levou a abrir estas instalacións municipais é o de evitar que aparezan vertedoiros incontrolados en puntos do municipio.