1,5 Millóns de euros para a mellora das estradas de Monforte, Pantón, O Saviñao e Bóveda

RibeiraSacraXa
La Xunta invertirá 1,5 millones de euros en la mejora de carreteras de Monforte, Pantón, O Saviñao y Bóveda.
120422 Licitacion mellora LU 611 Boveda
13 Abr 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou no día de onte a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o reforzo do firme das estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.

O orzamento para mellorar un total de 17 quilómetros das tres vías autonómicas é de de 1,5 millóns de euros. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen aberto o prazo ata o 9 de maio.

A presentación do proxecto foi en Rubián (Bóveda), onde se mellorarán algo máis de catro quilómetros da LU-611, estrada de conexión con Taboada. Toda a actuación desenvolverase no termo municipal de Bóveda, desde a glorieta de Rubián -pq 1- ata o pq 5,030.

No caso da LU-617, está previsto acondicionar 11,5 quilómetros entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), en concreto desde a glorieta na que conecta co corredor CG-2.2 (punto quilométrico 1,5) ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón (pq 13).

En canto á LU-603, a actuación abranguerá a totalidade da vía, que ten unha lonxitude de 1,58 quilómetros e transcorre pola parroquia de Vilamelle (Pantón), onde enlaza no inicio coa N-120a e no final coa estrada de Sober.

OBRAS PREVISTAS

Na LU-617 o proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo con mestura bituminosa en quente nas zonas deterioradas. Tamén se acometerán recrecidos do firme a calzada completa en todo o ancho da plataforma na totalidade do treito.

Pola súa banda, na LU-611 e a LU-603 executarase a regularización do pavimento con mestura bituminosa nas zonas en mal estado. A actuación terá o ancho do carril completo. En ambos casos, realizaranse recrecidos do firme en toda a calzada.

O proxecto completarase cunha serie de intervencións para mellorar a seguridade e as prestacións das tres estradas, como a instalación de sinalización horizontal, tacos de resalto, captafaros, barreira de seguridade ou cunetas.

0.20466494560242