14 artistas e grupos confirmados polo de agora actuarán no Festival Trece Roeis
RibeiraSacraXa
O evento terá lugar en Pantón os días 30 e 31 de agosto
19 Jun 2024
Os organizadores do Festival Trece Roeis de Pantón anuncian que o cartel definitivo con todos os artistas presentarase en próximas datas, despois de rematar a venda do segundo abono do festival.
Así, os vindeiros 30 e 31 de agosto as persoas que queiran desfrutar deste festival poderán facelo, contando cos artistas e grupos Soziedad Alkoholika, Sôber, Savia, Skizoo, Fillas de Cassandra, Sara Socas, Rebeliom do inframundo, Arrhythmia, Pauliña, Vizcaíno, Festicultores Troupe, TIAM Gz , Amoebo e Exeria.
O festival naceu en 2019 como proposta cultural no concello de Pantón tras a cancelación do veterano Festival do Castro, converténdose nun novo acontecemento de referencia na Ribeira Sacra.