1.200 corredores reúnense esta fin de semana en Quiroga

RibeiraSacraXa
O Quiroga Trail Challenge comeza este sábado a súa undécima edición na que máis dun milleiro de deportistas volverán gozar da contorna natural que ofrece o Xeoparque Montañas do Courel
Quiroga Trail Challenge
Imaxe do Quiroga Trail Challenge
15 Feb 2025

O Quiroga Trail Challenge regresa un ano máis colgando o cartel de “sold out” tras lograr acadar as 1.200 persoas anotadas para esta edición, que arranca este sábado, 15 de febreiro e que se estenderá tamén durante a xornada do domingo.

Máis dun milleiro de amantes deste deporte volverán gozar da incrible contorna natural que ofrece o Xeoparque Montañas do Courel en todo o seu esplendor.

Con representación de 16 comunidades autónomas, 32 provincias e mesmo participantes de Portugal, o evento, sinalan desde a súa organización, “expande fronteiras sen parar”. A cita rexistra tamén un gran número de corredores corredores nas probas de longa distancia: 150 nas ultras e 140 na maratón, cantidades moi pouco habituais nestas modalidades en Galicia, segundo explican os organizadores.

Dende hai varios meses, a ocupación hostaleira toda a comarca de Quiroga e a súa contorna, atópase ao máximo de ocupación. Este sábado, 15 de febreiro, correrán uns 900 deportistas, mentres que o domingo 16 serán preto de 400 corredores, repartidos entre todas as modalidades que ofrece o evento a fin de semana. A estas cifras engádense os preto de 200 voluntarios que garanten o éxito de cada carreira.

Os organizadores do Quiroga Trail Challenge, Blas Rodríguez e Manuel Barreiro, destacan a importancia que ten este éxito nas inscricións, tanto de corredores como de voluntarios. “Superar os 1.000 participantes e os 200 voluntarios outra vez énchenos de orgullo e satisfacción. Para nós é a mellor recompensa”.

⚙ Configurar cookies
0.16929984092712