William Burgos ficha polo CB Chantada

RibeiraSacraXa
O novo pívot chega procedente do CB Cuarte de Zaragoza e vén de sumarse ao cadro de xogadores como segunda fichaxe da tempada
william-burgos-cb-chantada
William Burgos
10 Sep 2025

O Ucoga Seguros CB Chantada continúa a confeccionar o seu cadro e anuncia a incorporación do pívot William Burgos, segunda fichaxe do conxunto que dirixe Alberto Fafián.

Burgos, de 22 anos, e 2,04 metros de altura chega procedente do CB Cuarte de Zaragoza, tamén de Tercera FEB. Natural de San Lorenzo (Paraguai) e internacional coa súa selección, incorpórase á escuadra de Chantada para reforzar a pintura e aportar centímetros ao xogo interior.

Na súa experiencia na Tercera FEB asinou unha media de 10 puntos por encontro, cun 49,1% de acerto en tiros de dous e un 31% en triplas, ademais de 7 rebotes por partido.
Coa súa chegada, o CB Chantada suma físico e solvencia baixo o aro, un perfil que se une ao cadro de xogadores cos que xa traballa Alberto Fafián co obxectivo de manter o equipo competitivo unha campaña máis.

⚙ Configurar cookies
0.16499900817871