Vendaval, a II Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, comeza o seu ‘Pase de Outono’ este xoves

RibeiraSacraXa
Monforte, Bóveda, Pantón e A Pobra do Brollón acollerán sesións de cine de autor, obradoiros e charlas entre o 20 e o 23 de novembro
VENDAVAL
19 Nov 2025

A II Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, Vendaval, comeza este xoves 20 de novembro o seu ‘Pase de Outono’ dentro da edición 2025, con actividades que se estenderán ata o 23 de novembro. As proxeccións e eventos celebraranse en catro concellos da Ribeira Sacra, combinando cine de autor con obradoiros e charlas sobre o audiovisual lusófono en ficción, documental e animación.

Esta segunda edición, que comezou en agosto, leva por lema “Tan cerca, tan lonxe” e presenta filmes que exploran a idea das distancias a través de viaxes, fomentando a colaboración cultural entre Galicia e Portugal mediante coproducións.

O ‘Pase de Outono’ aposta pola participación diversa, con actividades en novos espazos culturais e residencias para persoas con diversidade funcional. Ademais das proxeccións, inclúense obradoiros que integran diferentes expresións artísticas.

As sesións comezan este xoves, 20 de novembro, en Monforte, e continuarán ata o sábado 23 en distintos municipios da Ribeira Sacra lucense, como Bóveda, Pantón ou A Pobra do Brollón.

Vendaval é unha iniciativa promovida pola Asociación ‘A Memoria é Náufraga’, co apoio do Ministerio de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), no marco do programa ‘Territorio Cultura’ da Xunta de Galicia, que busca achegar o cinema portugués a zonas rurais do sur lucense mediante encontros de acceso maioritariamente gratuíto.

PORGRAMA COMPLETO DA II MOSTRA DE CINEMA PORTUGUES VENDAVAL

⚙ Configurar cookies
0.07868504524231