Unha asociación valenciana pon en valor a Queima das Fachas como unha das festas tradicionais máis destacadas

Unha publicación promovida pola Asociación Cultural Falla Penya El Mocador, de Sagunto (Valencia), inclúe a Queima das fachas (Castelo, Taboada) entre outras moitas festas tradicionais con lume de diferentes países do mundo.
O libro publicado pola asociación fallera, este ano 2025, leva por título ‘Foc’, e está composto por catro volumes, dedicando cada un deles ás festas con lume de o todo o mundo, incluido un apartado para a Queima das Fachas.
O propósito desta publicación impulsada pola Falla Penya El Mocador é identificar diferentes festas con lume de todo o mundo e as posibles relacións que poidan ter as fallas con estas outras festas, explorando a evolución das festas de lume e a importancia que teñen aínda para as comunidades locais que as executan.
Nas súas páxinas faise referencia a festas de Italia, Suiza, Grecia, Alemaña e, incluso de Xapón, India ou Estados Unidos. Entre as festas peninsulares referenciadas encóntrase a Queima das Fachas, que todos os anos se celebra en Castelo o 7 de setembro. Tamén aparecen outras festas como El Vítor, de Mayorga (Valladolid); Los Escobazos, de Jarandilla de la Vera (Cáceres); Las Candelas, de Zalamea La Real (Huelva); Los Rondeles, de Casarabonela (Málaga); localidades todas ellas que forman parte de la futura "Asociación Nacional de Fiestas con Fuego".
No contexto das fallas, o "llibret" é unha publicación anual que se edita entre febreiro e marzo como preludio da semana das fallas. Esta publicación ten especial importancia para os falleros, xa que é a testemuña que quedará para sempre das experiencias e propostas da comisión organizadora.
A presencia da Queima das fachas en eventos fóra de Galicia é unha constante desde hai unha década, como proba a participación dos veciños de Castelo tanto en diferentes encontros estatais de festas tradicionais con lume como noutros eventos de divulgación cultural. Esta publicación é un recoñecemento máis ao traballo da Asociación As Fachas na difusión da festa, explican dende a organización.