Tamara Castro, presidenta da ACIMTA, destacou que Raizames "é un traballo profundo sobre o arraigo da cultura do viño"
Os primeiros días do Primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, Raizames, que se está celebrando esta fin de semana en Taboada, xa tiveron lugar con diferentes actividades, entre as que destaca a súa inauguración.
Nela, interviu Tamara Castro, presidenta da ACIMTA (organizadores do evento), quen explicou que o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra (Raizames) "é un traballo profundo sobre o arraigo da cultura do viño, sobre o arraigo territorial".
Así, sostivo que "unha das finalidades é visivilizar ás personas como grandes protagonistas, un recoñecemento aos heroes invisibles da ribeira, o patrimonio humano", e apuntou que “o que queremos é Visibilizar o papel da muller no mundo do viño, de xeito transversal e específico. Este proxecto é unha acción comprometida co territorio. Unha mirada viva, de esperanza ante a desfeita demográfica”.
Este encontro, que segue a desenvolverse durante o día de hoxe, ten unha proxección que se divide en dous eixes: un evento central máis experiencial, artístico e lúdico que se desenvolve ao longo deste fin de semana, e que logo contará cunha programación expandida máis técnica, que farase máis adiante con formacións e un congreso internacional.
As autoridades que interviron, coincidiron no carácter innovador de Raizames. Un Encontro interesante que se celebra ao redor do viño, que aposta polos productos de gran calidade na provincia de Lugo.