Sométese a información pública o proxecto de prolongación de senda fluvial no río Asma ao seu paso por Chantada

RibeiraSacraXa
A inversión prevista para esta actuación supera os 713.000 euros
rio-asma-chantada
24 Feb 2026

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, sométese a Información Pública o proxecto de prolongación de senda fluvial no río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada. A actuación conta cunha inversión prevista de máis de 713.000 euros.

Tanto o proxecto como a relación de bens e dereitos afectados por este poderán ser consultados nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e na web oficial. Tamén se poderá comprobar a relación de afectados, que estará exposta nas dependencias do Concello de Chantada.

O prazo de exposición é de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no último dos Boletíns Oficiais -BOE e BOP da Prov. de Lugo-, neste caso, abrangue o período comprendido entre o 24/02/2026 e o 24/03/2026 (ambos inclusive).

0.078858852386475